Silvia Junco, do PP, denuncia o abandono do material para exercicio de persoas maiores en Cerponzóns

Pontevedra
18 de xuño 2024

O grupo municipal do Partido Popular demandará al gobierno local aparellos de ximnasia para persoas maiores no centro urbano para realizar actividades deportivas e fomentar o envellecemento activo

Silvia Junco denuncia o estado dos aparallos de ximnasia en Cerponzóns

O grupo municipal do Partido Popular, a través da concelleira Silvia Junco, reclama ao goberno local de Pontevedra a instalación de instrumentos de ximnasia para persoas maiores en parques do centro ou da periferia da cidade.

A concelleira visitaba a parroquia pontevedresa de Cerponzóns e comprobaba que a área lúdica con aparellos de xerontoximnasia permanecen en estado de "abandono absoluto, oxidado e invadido pola maleza".

Por esta motivo demanda ao goberno local que se reparen estes dispositivos e "pensen máis nas persoas maiores" do municipio.

Explica que é necesario que o Concello de Pontevedra tome exemplo doutras capitais de provincia e incorpore estes elementos para a práctica deportiva de persoas de idade avanzada en zonas de esparexemento da cidade.

Junco considera que o exercicio contribúe a fomentar o envellecemento activo da poboación potenciando a súa saúde física e mental, loitando contra o sedentarismo. Ademais, entende que estas actividades potencian a socialización das persoas maiores.