Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha deliciosa receita procedente do norte de África e que foi introducida en Israel nos anos 50 do século XX, onde é un dos seus pratos máis populares: a shakshuka.
A este prato tradicional, a base de ovo, tomate, pemento e especias, ímoslle incorporar os filetes de xarda de Conservas Pescamar.
A xarda en conserva Pescamar é un dos peixes azuis máis prezados polo seu alto contido en ácidos graxos omega-3, moi indicados para protexer o noso corazón e previr unha gran variedade de enfermidades cardiovasculares.
Para preparar esta deliciosa Shakshuka con filetes de xarda Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes (para dúas persoas):
- 1 lata de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar
- 1 cullerada de aceite de oliva
- 1 cebola mediana
- 2 dentes de allo
- 1 pemento vermello
- 2 tomates
- 2 culleradas de salsa de tomate
- 1 culleradiña de pemento doce
- 1 culleradiña de comiño moído
- 1 culleradiña de pemento doce
- 1 ou 2 chiles, ao gusto
- 1 culleradiña de azucre (opcional)
- Sal
- 4 ovos
- Pirixel fresco ou coandro para adornar
Preparación:
Picamos a cebola e a sofriximos nunha tixola durante 5 minutos. Cando empeza a abrandarse, engadimos o allo previamente cortado en láminas finas.
Cortamos o pemento vermello en anacos pequenos e engadímolo á tixola durante outros 5 minutos.
Agregamos, tamén picados, os dous tomates e deixamos facer durante 10 minutos a lume lento. A continuación, incorporamos as dúas culleradas de salsa de tomate, os dous chiles e todas as especias. Deixamos facer 5 minutos.
Unha vez que a mestura está fusionada e gran parte do líquido evaporado, podemos probala para ver se hai que engadir máis cantidade de especies, rectificar o sal ou incorporar o azucre.
A continuación, agregamos os Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar (sen o aceite) e mesturamos suavemente.
Cunha culler facemos catro ocos nos que vertemos os ovos con coidado, para que non rompan. Cubrimos a tixola cunha tapa e cociñamos a lume lento durante 10 minutos. É importante que as xemas non se solidifiquen.
Unha vez feito, decoramos con pirixel fresco ou con coandro, segundo o noso gusto.
Para servir, é costume levar á mesa a shakshuka na mesma tixola en que foi cociñada e acompañala con pan de pita.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva", de Conservas Pescamar.