Sete usuarios da residencia de Campolongo, únicos contaxiados de Galicia en centros de maiores

Pontevedra
15 de xullo 2021

Cinco deles detectáronse na última xornada e os dous primeiros apareceron a principios desta semana. Segundo o balance diario do Servizo Galego de Saúde, nesta residencia non hai ningún traballador contaxiado

Usuarios da residencia de Campolongo no primeiro día de regreso á normalidade Pontevedraviva

Sete usuarios da residencia de maiores de Campolongo están contaxiados de covid-19. Cinco deles detectáronse na última xornada e os dous primeiros apareceron a principios desta semana

Segundo o balance diario do Servizo Galego de Saúde, nesta residencia non hai ningún traballador contaxiado

Estes sete casos son os únicos casos activos de covid-19 detectados este xoves en  residencias de toda Galicia.

Ata o mércores había tamén outros catro usuarios contaxiados na residencia García Hermanos de Betazos, pero negativizaron nas últimas 24 horas.