Sete municipios do Salnés, zonas de "especial risco" da gripe aviar

O Salnés
18 de abril 2017

Medio Rural, a partir dun protocolo do Ministerio de Medio Ambiente, activou un plan especial para sete municipios da comarca do Salnés aos que se consideran zonas de "especial risco" da gripe aviaria. Trátase de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Ribadumia, Cambados, A Illa de Arousa e Vilanova de Arousa

Correlimos comúns no Complexo Intermareal Umia-Grove Sociedade Galega de Historia Natural

Medio Rural, a partir dun protocolo do Ministerio de Medio Ambiente, activou un plan especial para sete municipios da comarca do Salnés aos que se consideran zonas de "especial risco" da gripe aviaria. Trátase de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Ribadumia, Cambados, A Illa de Arousa e Vilanova de Arousa.

As autoridades alertan da presenza de aves migratorias nos humidais, estanques, pantanos, lagos ou ríos -que poden proceder de zonas nas que se declararon focos desta enfermidade- e da existencia nos seus arredores de explotacións de aves de curral que poidan entrar en contacto con estes animais silvestres.

Así, entre outras medidas, Medio Ambiente obriga aos concellos para dispoñer dun censo de explotacións agrícolas que permita rexistrar as aves de curral que existen en cada municipio e ter controlada a saúde dos animais, de forma que se poidan adoptar medidas preventivas no caso de detectarse algún foco.

Ademais, Pontevedra, Poio, Marín, Meis, Vilagarcía de Arousa e Vilaboa foron declarados como zonas de "especial vixilancia" por este mesmo motivo. A estes seis concellos non se lles obriga a adoptar ningunha medida específica, pero si se lles recomenda que se somen a este protocolo de prevención.

Un dos primeiros en facelo foi Sanxenxo. As dependencias da Concellería de Medio Ambiente, situadas en Vilalonga, será o lugar no que se centralizará a tarefa para elaborar o censo de currais familiares.

O goberno municipal lembra que Medio Rural estableceu unha serie de medidas preventivas respecto desta enfermidade como son que as persoas que críen aves de curral deben recluílas en espazos cubertos e en caso de contar con elas, sempre os comederos e bebedoiros das aves deben estar illados do exterior.

O rexistro solicitado ten por finalidade o coñecemento por parte do departamento autonómico da existencia e localización destes currais, información necesaria desde o punto de vista da sanidade animal en caso de aparición dun foco de influencia aviaria.

Non ten por tanto, sinalan desde o Concello de Sanxenxo, ningunha finalidade de control nin fiscalizador desta actividade, polo que as persoas titulares destas explotacións poden colaborar na inscrición sen condicionante algún.