Sesenta nenos e nenas acompañarán os Reis Magos na cabalgata de Vilagarcía

O Salnés
26 de decembro 2024
Actualizado: 12:17

A cabalgata sairá o día 5, ás 19:00 horas, dende a praza da II República. Ao remate do desfile, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e nenas no salón nobre da casa consistorial

Cabalgata de Reis en Vilagarcía de Arousa Concello de Vilagarcía de Arousa

Os Reis Magos non pasearán sós polas rúas de Vilagarcía.

Uns sesenta nenos de entre 7 e 15 anos formarán parte da comitiva, que sairá como é habitual o próximo 5 de xaneiro.

Os 24 nenos de 7 e 9 anos que foron seleccionados para participar na cabalgata irán nas carrozas dos Reis, mentres que os 36 que teñen entre 10 e 15 anos subirán nas carrozas de agasallos.

As admisións realizáronse por rigoroso orde de anotación.

Os participantes deberán ir ataviados con vestimenta de cor negro (pantalón tipo malla, xersei e zapatos ou botíns) e o Concello prestará o resto da vestimenta, composto por casaca e tocado.

A cabalgata sairá o día 5, ás 19:00 horas, dende a praza da II República.

Continuará pola Avenida da Mariña, Praza do Dr. Carús, Alexandre Bóveda, Alejandro Cerecedo, Dr. Tourón, Praza de España, Edelmiro Trillo, Padre Feijóo e Arapiles, para concluír na Praza de Ravella.

Alí, Melchor, Gaspar e Baltasar saudarán aos vilagarciáns e logo recibirán os nenos e nenas no salón nobre da casa consistorial.