Semana de ceos despexados na que o venres irromperá unha borrasca

Pontevedra
17 de abril 2023

Néboas nocturnas ocuparán o ceo o mércores e agárdase a chegada dunha borrasca polo oeste que deixará un venres con alta probabilidade de precipitación debido á entrada dunha fronte fría na segunda metade da xornada

Imaxe do satélite de Meteogalicia este 17 de abril de 2023 Meteogalicia

Segundo o personal técnico de Meteogalicia, prevense ceos pouco anubrados ou despexados esta semana nas Rías Baixas. Ademais advirten de que haberá néboas nocturnas o mércores. En canto ás temperaturas, agárdanse altas para as máximas que descenderán notablemente ao longo da semana. 

No referido á calidade do aire, prevese que mellore dun grao regular a un grao favorable.

O achegamento dunha borrasca polo oeste deixará un venres con alta probabilidade de precipitación debido á entrada dunha fronte fría na segunda metade da xornada.

O luns 17 de abril espérase unha xornada de tempo seco, con ceos pouco nubrados ou despexados, únicamente con intervalos de nubes altas que non impedirán o paso do sol. As temperaturas máximas en Pontevedra serán de 28 graos e as mínimas de 11 graos. O vento soprará de compoñente norte, frouxo en xeral, con réxime de brisas pola tarde nas Rías Baixas

martes 18 non se agardan cambios significativos na situación meteorolóxica. Prevese un día de ceo pouco nubrado, con nebulosidade de tipo alto que non impedirá en xeral o paso do sol. As temperaturas mínimas non terán cambios e as máximas sufrirán lixeiros descensos

O mércores as altas presións continuarán un día máis ao norte da península Ibérica, achegando estabilidade. Deste xeito, os ceos permanecerán pouco nubrados ou despexados en xeral con brétemas costeiras que serán máis mestas ao final do día. As temperaturas non terán cambios significativos xa que se agardan máximas de 24 graos e mínimas de 10 graos.

O xoves 20 comezará con intervalos de nubes baixas en toda a franxa costeira. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos e as máximas sufrirán un lixeiro descenso a 21 graos. Os ventos soprarán frouxos, en réxime de brisas.