Segundo test gratuíto para os galegos de 5 a 11 anos antes de volver ás aulas o 10 de xaneiro

Pontevedra
04 de xaneiro 2022

O Sergas ofrecerá a partir do venres 7 de xaneiro un segundo test de  antígenos, que se poderá recoller coa tarxeta sanitaria nas farmacias adheridas a esta iniciativa. Este martes comezouse a administrar a primeira dose á poboación de 7 a 9 anos. Vanse poñer  2.160 doses en Campolongo e 720 no Hospital do Salnés

Julio García Comesaña e Román Rodríguez participaron por videoconferencia no Pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde Xunta de Galicia

Está decidido. O Goberno central e as comunidades autónomas han acordado por unanimidade que o alumnado de toda España regrese a clase de maneira presencial o vindeiro luns 10 de xaneiro, día xa previsto. 

Decidírono no Pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, conxunto coa Conferencia Sectorial de Educación e a Conferencia Xeral de Política Universitaria, e, ao seu termo, a ministra Carolina  Darias quixo lanzar unha mensaxe de "prudencia, tranquilidade e seguridade" a todas as familias españolas, pois "os centros educativos son espazos seguros". 

Para ese regreso seguro ás aulas, Galicia ofrecerá a partir do venres 7 de xaneiro un segundo test de antíxenos gratuíto para os nenos de 5 a 11 anos. 

Os conselleiros de Sanidade e de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña e Román Rodríguez González, participaron por videoconferencia na reunión. Na rolda de prensa posterior á reunión, o responsable de  Sanidade anunciou que a Xunta de Galicia segue coa busca activa de casos nun rango de idade sen pauta completa e ofrecerá ese segundo test gratuíto, que se poderá recoller coa tarxeta sanitaria nas farmacias adheridas a esta iniciativa.

Para esa volta ao colexio o día 10, este martes comezouse a administrar a primeira dose á poboación de 7 a 9 anos. En toda Galicia serán máis de 36.000 dose e na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, este martes forneceranse 2.160 doses na sede da Xunta en Campolongo e 720 no Hospital  do Salnés. 

O conselleiro de Sanidade manifestou que Galicia segue sendo líder no proceso de vacinación e, no que respecta á poboación pediátrica, o 38,45% dos nenos entre 9 e 11 anos xa teñen unha dose da vacina, uns 56.700.

García Comesaña considera moi importante avanzar na vacinación infantil dado que o incidencia acumulada de menores de 11 anos supera os 2.200 casos por 100.000 habitantes

O responsable sanitario tamén destacou o bo ritmo de vacinación no colectivo dos docentes, remarcando que urxe poñer a terceira dose no profesorado menor de 40 anos, polo que pide ao Ministerio de Sanidade que avance na estratexia de vacinación.

XUBILADOS PARA REFORZAR PRIMARIA  

García Comesaña tamén falou este martes sobre a incorporación de médicos xubilados para facer fronte á  covid e sinalou que 86 os profesionais mostraron interese en reincorporarse ao sistema público de saúde para axudar en labores administrativos e de vixilancia na atención primaria. Deles, 14 son da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.