Segunda xornada de protesta da comunidade venezolana de Pontevedra

Pontevedra
18 de agosto 2024

A Praza da Liberdade de Pontevedra, do mesmo xeito que a Praza de Galicia en Vilagarcía, acolleron este sábado 17 de agosto senllas protestas de representantes da comunidade venezolana tras o acontecido nas recentes eleccións presidenciais

Protesta de representantes da comunidade venezolana na Praza da Liberdade Cristina Saiz

A Praza da Liberdade de Pontevedra, do mesmo xeito que a Praza de Galicia en Vilagarcía, acolleron este sábado 17 de agosto senllas protestas de representantes da comunidade venezolana tras o acontecido nas recentes eleccións presidenciais no país suramericano.

O coletivo de persoas emigrantes, encabezado pola Asociación de Venezolanos en Pontevedra (Asovedra), contou ademais co respaldo de representantes do Partido Popular local.

A concentración, a segunda tras as eleccións, celebrouse finalmente nesta ocasión na Praza da Liberdade debido ás Festas da Peregrina, xa que inicialmente estaba convocada na Peregrina. 

Cabe destacar que a venezolana é unha das comunidades de orixe estranxeira máis numerosas de Pontevedra, con preto de 300 familias e algo máis de 600 persoas residentes.