Segunda vítima da covid-19 nunha semana na área sanitaria

Pontevedra
01 de decembro 2021

A nómina de vítimas mortais da pandemia xa ascende a 207 persoas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Este mércores 1 de decembro sumou unha nova falecida, unha muller de 81 que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Hospital Montecelo de Pontevedra Mónica Patxot

A nómina de vítimas mortais da pandemia xa ascende a 207 persoas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Este mércores 1 de decembro sumou unha nova falecida, a segunda no que vai de semana. 

Neste caso, trátase dunha muller de 81 que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra diagnosticada por coronavirus. 

Este mércores, ademais, o parte oficial da Consellería de Sanidade recolle que hai unha segunda vítima en Galicia, un home de 91 anos ingresado no Hospital de Verín, en Ourense.

Esta vítima pontevedresa súmase a unha confirmada o pasado domingo 28 de novembro. Ese día o Sergas reportou a morte dunhome de 92 tamén ingresado no Hospital Montecelo

O último balance do Sergas realizado este mércores confirma na área sanitaria592 casos activos de covid-19, dos que 20 estaban hospitalizados, 17 pacientes ingresados en planta de hospitalización e 3 na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.