O domingo 6 de outubro, o Concello do Grove será o escenario da novena edición da Xuntanza de Scooters Clásicos, organizada polo Scooter Club LamVrespas.
Este evento, que forma parte da LXI Festa do Marisco, agarda reunir arredor de 250 participantes das catro provincias galegas e de Portugal.
A xornada comezará ás 9:00 horas coa inscrición na Casa do Concello.
As motocicletas permanecerán expostas na Praza do Corgo ata as 11:00 horas, momento no que iniciará unha ruta moto-turística polo Grove.
O alcalde, Jose Antonio Cacabelos, destacou a importancia do evento, afirmando que "a Xuntanza ten xa unha entidade propia e aporta colorido e un ambiente excepcional ao recinto da Festa do Marisco".
Esta edición renderá homenaxe a Javier Álvarez, membro fundamental do club falecido recentemente.
A súa Lambretta protagoniza o cartel deste ano, ilustrado pola artista local Laura Meis.
A xornada rematará cuns petiscos para os participantes, sorteo de agasallos e un recoñecemento aos clubes asistentes.