Seguen as protestas contra a subestación eléctrica de Bértola cunha marcha de cinco quilómetros

Vilaboa
24 de agosto 2013

Lonxe de acougarse os ánimos, a pretendida construción da subestación eléctrica de Bértola (Vilaboa) segue xerando mobilizacións de protesta entre os veciños. Un cento de persoas manifestáronse este venres para esixir a paralización do proxecto. Fixérono cunha marcha a pé de cinco quilómetros entre as parroquias de Bértola e Figueirido, os dous lugares que se verían máis afectados por esta instalación

Marcha a pé entre Bértola e Figueirido para protestar contra a subestación eléctrica Emilio Suárez

Lonxe de acougarse os ánimos, a pretendida construción da subestación eléctrica de Bértola (Vilaboa) segue xerando mobilizacións de protesta entre os veciños. Un cento de persoas manifestáronse este venres para esixir a paralización do proxecto. Fixérono cunha marcha a pé de cinco quilómetros entre as parroquias de Bértola e Figueirido, os dous lugares que se verían máis afectados por esta instalación.

Os manifestantes, que portaban pancartas con mensaxes contra a subestación e non deixaron de facer soar os seus silbatos durante toda a marcha, concentráronse previamente na parcela na que a empresa Red Eléctrica ten previsto construír a central. Trátase dun proxecto ao que os veciños non se opoñen, pero néganse a que se sitúe nese emprazamento, demasiado preto das súas vivendas.

De feito, recordan que tanto o Concello de Vilaboa como a Plataforma de Afectados xa entregaron informes á Xunta nos que se reflicte os problemas de saúde que podería xerar esta subestación en dita situación. Ademais, nesa reunión, na que participaron representantes da Consellería de Economía e Industria e da empresa Red Eléctrica, tamén se propuxeron situacións alternativas nos montes veciñais da parroquia

Os afectados aseguran que manterán as protestas ata que Red Eléctrica acceda a construír a subestación noutra parcela máis afastada do centro da parroquia. Tratarán de evitar que comecen os traballos na parcela o vindeiro luns. Antes, aproveitarán o paso da Vuelta ciclista a España este domingo para visibilizar as súas protestas.