Segue ardendo o monte en Borela, Aguasantas e Saiar. Extinguido o lume en Tenorio

Cerdedo-Cotobade
17 de outubro 2017
Actualizado: 21:32

A Consellería do Medio Rural informou da situación dos incendios forestais cos datos recollidos ás 19.30 horas deste martes 17 de outubro. O informe só se refire a aqueles lumes que superan as 20 hectáreas de afectación

Imaxes nocturnas do incendio de Tenorio Diego Torrado

A Consellería do Medio Rural informou da situación dos incendios forestais cos datos recollidos ás 19.30 horas deste martes 17 de outubro. O informe só se refire a aqueles lumes que superan as 20 hectáreas de afectación.

Dos incendios aínda en acción, atópase estabilizado o da parroquia de Saiar, en Caldas de Reis. E están controlados os de Borela e Aguasantas, en Cerdedo-Cotobade.

Pola súa banda o lume de Tenorio, tamén en Cerdedo-Cotobade, deuse finalmente por extinguido.

O último parte oficial da Xunta feito público este martes informa de que 16 lumes mantéñense activos; 19 xa están controlados; e 8 estabilizados. Os servizos de Emerxencia destacaron que as choivas xeneralizadas e o moderado descenso das temperaturas están a facilitar os labores de extinción.

A ministra de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, defendeu a política do Goberno central en materia forestal afirmando que  "nosotros estamos preparados para apagar incendios, lo que no estamos preparados es para incendiarios, porque alguien decidió quemar Galicia", indicou.

Tejerina recoñeceu as dificultades para identificar os autores dos incendios pero incidiu na importancia de "buscalos" e apelou a que a"sociedad se vuelva intolerante contra la incendiarios y ayude a detener a estas personas que generan daño contra vidas y contra la naturaleza".

Arquivado en