"Se te maltrata, non quedes na casa", campaña de loita contra a violencia machista durante a corentena

Pontevedra
18 de marzo 2020

A Federación de Mulleres de Pontevedra lembra ás vítimas de violencia machista que están á súa disposición para axudarlles a superar esa situación tamén durante a pandemia

Caravana morada contra as violencias machistas e sexuais nas Festas da Peregrina Mónica Patxot

En plena corentena, cando todas as mensaxes están dirixidos ao confinamento nos fogares, existe un colectivo que ten baixo o seu teito un inferno. Por iso a Federación de Mulleres acaba de lanzar unha campaña para animar ás mulleres vítimas de violencia machista a non quedarse na casa convivindo co seu agresor.

Baixo o lema Se te maltrata, non quedes na casa, a agrupación lembra que está ao dispor das vítimas para ofrecer axuda en materia de orientación laboral, asesoramento xurídico, asistencia psicolóxica, tramitación de axudas ou formación en alfabetización e en competencias básicas para fomentar o empoderamento feminino.

Con esta campaña buscan manter a visibilidade dunha loita e dun mal que se mantén a pesar da alerta sanitaria que obriga á poboación para manterse nos seus domicilios, nos que a violencia debe seguir perseguíndose.