Se non chove, o domingo 11 de febreiro será o día grande do Entroido en Marín

Marín
16 de xaneiro 2018

O departamento de Cultura do Concello de Marín está a traballar nas bases que rexerán o concurso desfile do Entroido 2018 previsto para o domingo día 11 de febreiro

Gran Desfile de Entroido de Marín 2017 Diego Torrado

O departamento de Cultura do Concello de Marín está a traballar nas bases que rexerán o concurso desfile do Entroido 2018 previsto para o domingo día 11 de febreiro.

A concentración dos participantes será ás 16:00 horas na praza do Regueiro, diante dos bares; e logo desfilará polas seguintes rúas: Praza do Regueiro, avenida de Ourense, praza de España, rúa Almuiña, avenida Jaime Janer, rúa Concepción Arenal e ao chegar ao parque Eguren rematará.

O xurado dará a coñecer os gañadores dos premios, elixidos entre aqueles que ademais do disfraz transmitiran a súa ledicia, troula e ánimo propios do Entroido ao longo do percorrido.

No caso de mal tempo, o desfile aprazarase para o mércores 14 á mesma hora. E de non poder ser, por causa da previsión de mal tempo, a comisión poderá aprazar a unha fecha posterior ou anulalo definitivamente.

Arquivado en