Sargadelos presenta unha figura dedicada á igrexa da Peregrina

Pontevedra
19 de xullo 2018

Sargadelos, a histórica firma galega de cerámica, vén de presentar unha nova figura dedicada á igrexa da Peregrina de Pontevedra. É unha peza que se vende en exclusiva na Galería Sargadelos desta cidade.

Sargadelos presenta unha figura dedicada á Igrexa da Peregrina Mónica Patxot

Sargadelos, a histórica firma galega de cerámica, acaba de presentar unha nova figura dedicada á igrexa da Peregrina de Pontevedra. É unha peza que se vende en exclusiva na Galería Sargadelos desta cidade.

O responsable deste establecemento, Diego Torrado, foi o encargado de presentar este xoves esta peza icónica que homenaxea ao santuario da patroa da provincia de Pontevedra. Un templo construído no século XVIII, de estilo barroco tardío con mestura de neoclásico e que constitúe a edificación máis identificativa da cidade do Lérez.

A peza de cerámica de caolín branco esta elaborada en dúas partes, o corpo e as torres, e presenta uns suaves contornos pincelados a man con azul cobalto cunha capa posterior de vidriado.

Segundo comentou Diego Torrado a elaboración desta figura "responde a unha demanda da cidadanía de Pontevedra, tanto de institucións como xente da pé" que pedía unha "imaxe representativa da cidade".

De feito algúns clientes da Galería Sargadelos xa fixeron reservas desta figura da que se elaboraron 150 pezas nunha primeira edición.

O lanzamento desta figura de referencia, que levaba en proxecto uns seis meses, quíxose adiantar á celebración a Semana Grande das Festas da Peregrina que se desenvolverán entre o 11 ao 19 de agosto.