Sara Bea recibe a 'Raia de Ouro'

Sanxenxo
28 de abril 2024

Co acto de entrega da Raia de Ouro púxose este domingo o broche á segunda edición de Portonovo Gastronómico

Sara Brea recibe a 'Raia de Ouro' Concello de Sanxenxo

Co acto de entrega da 'Raia de Ouro' púxose este domingo o broche á segunda edición de Portonovo Gastronómico.

A redeira portonovesa Sara Bea foi a persoa homenaxeada nunha xornada que arrincou cunha comitiva desde a lonxa ata a Casa Mariñeira coa compañía da banda sonora de Os Gatiños e Lembranzas.

Bea aproveitou a súa intervención para reivindicar "un traballo moi bonito e necesario que non se pode perder porque del dependen miles de familias".

Foi unha entrega da Raia de Ouro emotiva, ao recibir ademais da insignia de honra un ramo de flores que levaron por sorpresa ata o escenario redeiras coas que traballou ata hai dous anos.

Para o alcalde, Telmo Martín, a elección de Sara Bea supón "unha raia merecidísima coa que tamén se quere poñer en valor o traballo das redeiras, un oficio clave no mar e clave en Portonovo que non pode perderse”.