Sanxenxo, segunda localidade do norte de España con máis turismo en agosto

Sanxenxo
22 de setembro 2023

Sanxenxo volveu a liderar a ocupación hostaleira de Galicia con 234.938 pernoitas (3.877 menos que en agosto de 2022), o que supón o 14,4% do total de Galicia (1.631.894) e o 33,2% da provincia de Pontevedra (707.468). Acumula en xuño, xullo e agosto 501.814 pernoitas hostaleiras

Praia de Silgar en Sanxenxo Mónica Patxot

Sanxenxo logrou en agosto o segundo posto de ocupación hostaleira no norte de España, por detrás de Bilbao. Esta circunstancia é resultado dos datos de pernoitas hostaleiras de agosto publicado este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Segundo esta estatística, Sanxenxo volveu liderar a ocupación hostaleira de Galicia con 234.938 pernoitas (3.877 menos que en agosto de 2022), o que supón o 14,4% do total de Galicia (1.631.894) e o 33,2% da provincia de Pontevedra (707.468).

Sanxenxo superou ao resto das cidades galegas, Santiago de Compostela (212.045), A Coruña (121.675) e Vigo (118.798), Tamén a San Sebastián (220.001) pero nesta ocasión non a Bilbao, un destino gastronómico e cultural, que sumou 271.138 pernoitas

A falta dos datos de setembro, Sanxenxo acumula en xuño, xullo e agosto 501.814 pernoitas hostaleiras, o que supón a metade do case millón de pernoitas que suman os hoteis ao longo dos 12 meses do ano.

Desde o Concello de Sanxenxo sinalan que, a falta de coñecer os últimos resultados sumando tamén as vivendas turísticas, desde xaneiro ata xullo Sanxenxo acumulaba 335.744 turistas ou viaxeiros, dos que 102.928, é dicir o 30,6% pernoitaron en hoteis, o resto fixérono noutro tipo de aloxamento.