Sanxenxo recibiu máis de catro millóns de visitas no que vai de ano

Sanxenxo
18 de agosto 2024

As cifras, rexistradas grazas ao rastrexo do móbil, revelan "o crecemento constante e a ampliación da tempada baixa a pesar da diferenza coa tempada alta", indican desde o Concello

 

 

 

Paseo de Silgar Mónica Patxot

Sanxenxo recibiu nos sete primeiros meses do ano 4.018.546 visitas segundo os datos revelados pola análise do 'Big Data' e a xeolocalización contratada a través da Mancomunidade do Salnés.

Do total, case 1,5 millóns destas chegadas producíronse no mes de xullo, seguido de xuño, 743.863, fronte ás 239.607 visitas rexistradas en xaneiro; 250.741, en febreiro; 425,031, en marzo; 416.081, en abril e 447.206, en maio.

Estas cifras rexistradas grazas ao rastrexo do móbil revelan "o crecemento constante e a ampliación da tempada baixa a pesar da diferenza coa tempada alta", indican desde o Concello.

Este estudo permite ademais saber que o pasado mes Sanxenxo recibiu 390.579 visitantes que non pernoitaron e 164.724 que si pasaron a noite no municipio.

En canto á orixe destes visitantes, a procedencia nacional segue tendo un peso moi marcado no balance con 1.428.316 turistas españois fronte aos 71.100 estranxeiros.

En canto á poboación, o estudo revela que só en xullo Sanxenxo recibiu 555.303 visitantes, con e sen pernoita, fronte aos 18.000 habitantes que figura no padrón.