Sanxenxo quere comezar as obras do bulevar de Portonovo antes de final de ano

Sanxenxo
22 de setembro 2022

O bulevar, a cuxa licitación se presentaron seete empresas, completará a transformación da estrada PO-308 na gran avenida que vertebra Sanxenxo. O proxecto está valorado en 2,3 millóns de euros 

Proxecto da PO-308 ao seu paso por Portonovo Concello de Sanxenxo

Un total de sete empresas optan á execución do bulevar de Portonovo, que este xoves finalizou o prazo para a presentación de ofertas ao concurso. O goberno local espera ter unha adxudicaría deste proxecto en outubro e, por tanto, que as obras poidan iniciarse a finais de novembro ou principios de decembro.

Un dos aspectos que vai valorar a mesa de contratación é o plan de traballo que propón cada empresa para que as molestias inevitables en calquera obra, máis se se trata dunha travesía urbana nunha zona de gran actividade comercial, sexan as menos posibles.

O proxecto, valorado en 2,3 millóns de euros e que se vai á financiar ao 70 e 30% entre a Conselleria de Infraestruturas e o Concello de Sanxenxo, abarca un tramo de 810 metros no que se vai a substituír a rede de saneamento, abastecemento de auga, separación de pluviais, iluminación e redes telefónicas. 

A mellora e ampliación dos espazos peonís e a ordenación do tráfico coa creación de dúas novas rotondas á altura da estrada de Adina e a rúa da Perla, un illote central que separa ambos os sentidos da circulación e o axardinamento e arboledo da travesía.

"Unha das prioridades do goberno está cada vez máis preto de cumprirse, converter a estrada PO-308 entre A Granxa e A Lanzada na gran avenida que vertebra Sanxenxo", sinalaron desde o Concello. O proxecto supón transformar un tramo de 18 quilómetros de estrada en "a gran rúa", diminuíndo a velocidade dos vehículos e dando maior protagonismo aos espazos peonís. 

"Cinco anos despois, estamos a piques de adxudicar o último tramo, a travesía de Portonovo. Antes mellorouse a seguridade viaria entre A Granxa e Sanxenxo, a humanización da rúa Progreso e mellorouse a seguridade viaria e creou unha senda peonil entre Canelas e A Lanzada", apunta o equipo do alcalde Telmo Martín.

Desde o Concello de Sanxenxo subliñan que a humanización da contorna do mercado e o colexio (na súa recta final), a reforma integral do boulevard e a mellora do porto e a fachada marítima prevista no próximo mandato "vai supoñer unha transformación urbanística total da vila mariñeira, o que beneficiará a calidade de vida dos seus veciños e converterá Portonovo nun lugar máis atractivo para os visitantes". 

A estas actuacións súmanse a mellora da praza Méndez Núñez (coñecida como praza Picamillo) e do colexio de Portonovo xa realizadas e a reforma do pavillón de deportes, da que o Concello ten previsto achegar novidades este venres.