Sanxenxo, Poio e Soutomaior mantéñense con máis de 1.000 de incidencia acumulada, barreira da que baixa Ponte Caldelas

Pontevedra
06 de febreiro 2021

Marín e Vilagarcía, con catro casos activos máis cada un, son dos poucos municipios da comarca que experimentan incrementos no nivel de incidencia de coronavirus na área sanitaria este sábado 6 de febreiro

Xente paseando en Pontevedra con máscara Cristina Saiz

Só tres municipios da área sanitaria pontevedresa mantéñense este sábado 6 de febreiro por encima da barreira extrema que supón unha incidencia de coronavirus de máis de 1.000 casos por cada 100.000 habitantes. 

Trátase de Poio, Sanxenxo e Soutomaior, aínda que só o último deles experimentando un incremento na incidencia con respecto ao venres, saíndo da lista Ponte Caldelas ao situarse nun índice de 939 grazas contar con 4 casos menos, 52 en total.

En canto a Poio tamén experimenta un descenso de 4 infeccións activas, con 364 afectados e unha incidencia acumulada de 1.657, mentres que o outro municipio no nivel extremo, Sanxenxo, sobe en tres os seus casos activos ata os 207 cunha incidencia a 14 días de 1.125.

No resto da área sanitaria destacan as subidas experimentadas en Marín con 146 casos (+4) e Vilagarcía con 209 (+4). Tamén soben minimamente os casos totais en Moraña con 46 (+1) e Ribadumia con 37 (+1) e faino con maior forza a incidencia acumulada en Caldas de Reis ao chegar a un índice de 787.

Pola contra na capital provincial, Pontevedra, os casos activos totais se sitúan nos 613 (-3), cunha incidencia a 14 días de 672 casos por cada 100.000 habitantes.

No repaso da comarca tamén baixan A Illa de Arousa con 26 casos (-3), Cambados con 59 (-4), Meaño con 33 (-1), Portas con 17 (-2), A Lama con 20 (-1) e Cerdedo-Cotobade con 25 (-1), mentres que Campo Lameiro mantense un día máis con 11 casos activos de covid.

A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, pódese consultar no mapa que acompaña a esta información.