Sanxenxo incrementou a compostaxe de residuos nun 38% durante o pasado ano

Sanxenxo
06 de febreiro 2020

O Concello de Sanxenxo destacou que este dato é "o resultado do interese e a implicación dos veciños e a colaboración da concellería de Medio Ambiente facilitando composteiros e asesoramento"

Composteiro comunitario Concello de Sanxenxo

En 2019 Sanxenxo compostou 112 toneladas, son 31 máis que en 2018, o que supón un aumento do 38%.

O  Concello de Sanxenxo destacou que este dato é "o resultado do interese e a implicación dos veciños e a colaboración da concellería de Medio Ambiente facilitando composteiros e asesoramento".

En 2019 os veciños de Sanxenxo solicitaron 51 novos composteiros.

Actualmente no municipio xa hai 200 composteiros individuais en 186 vivendas unifamiliares, nas que viven 703 veciños. Hai un composteiro comunitario en Portonovo que, en base aos quilos que se depositan, trata os residuos orgánicos de 99 persoas máis.

Ademais, en 2019 fíxose unha proba colocando un gran composteiro nun hotel durante 3 meses no que se trataron 9.940 quilos de residuos orgánicos. Unha experiencia que a concellería quere potenciar nos próximos anos.