Sanxenxo felicita aos hostaleiros por alcanzar un 50% de ocupación nun ano tan difícil

Sanxenxo
04 de agosto 2020

O  Concello de Sanxenxo valorou os datos facilitados esta fin de semana polo Consorcio de empresarios turísticos (CETS) sobre unha ocupación hostaleira do 50,30% en xullo como "unha boa noticia nun ano tan difícil e cando nas últimas semanas os numerosos rebrotes de España sementaron a incerteza que derivou en cancelacións"

Hoteis de Sanxenxo Diego Torrado

O  Concello de Sanxenxo valorou os datos facilitados esta fin de semana polo Consorcio de empresarios turísticos (CETS) sobre unha ocupación hostaleira do 50,30% en xullo como "unha boa noticia nun ano tan difícil e cando nas últimas semanas os numerosos rebrotes de España sementaron a incerteza que derivou en cancelacións".

Hai que destacar, ademais, que no caso dos establecementos de 4 estrelas e os apartamentos turísticos a cifra roldou ou superou o 60%.

O 50% de ocupación fronte ao 74% que Sanxenxo logrou en 2019 supón unha redución importante, en concreto, un 33% menos. Pero é a metade da caída da ocupación hostaleira de España que foi do 66%. A cifra de Sanxenxo ten maior valor se se ten en conta que o 99% dos establecementos están abertos, mentres outros destinos con só un 50% dos seus hoteis funcionando tiveron menor ocupación.

Se a situación sanitaria de Galicia e da área de Pontevedra-O Salnés mantense medianamente estable o goberno está convencido que os datos de ocupación hostaleira de agosto serán "significativamente superiores".

O goberno felicita ao sector hostaleiro de Sanxenxo "que demostrou a súa profesionalidade coa aplicación de medidas de prevención que dan seguridade aos seus clientes e cunha gran capacidade loxística que lles permitiu abrir en moi pouco tempo o 99% dos establecementos hostaleiros". O  Concello, pola súa banda, contratou a 208 persoas que traballan a diario para ofrecer a máxima seguridade posible a veciños e visitantes.

Sanxenxo superou amplamente a porcentaxe de ocupación que Turismo Rías Baixas estimou que tería en xullo que era do 38%.