O vindeiro sábado día 3 de febreiro Sanxenxo converterase nun pobo rockeiro.
Unha semana antes do entroido numerosos locais estarán ambientados este ano con estilo "rockeiro". Este "precarnaval" está organizado pola Asociación O Cubreiro e a concellería de cultura do Concello de Sanxenxo, que implicaron nesta iniciativa á hostalería local.
Tal e como di a canción en Sanxenxo tocarase un rock and roll na praza do pobo, debido a que haberá, ás 21:00 horas na praza de Pascual Veiga, un concerto co grupo Flip Corale y los Macabros.
A asociación O Cubreiro espera repetir o éxito de participación acadado o ano anterior.