Sanxenxo contratará vixiantes de apoio para controlar o aforo e distanciamento nas súas praias

Sanxenxo
12 de maio 2020

O Concello incrementa a contratación do persoal destinado ás praias para este verán. Ademais, dadas as restricións actuais, o proceso de selección de socorristas non será presencial senón vía telemática

Telmo Martín explica o plan para a praia de Silgar PontevedraViva

O Concello de Sanxenxosegue avanzando nasxestións e previsións estivais que miran ao sector turístico. Este mércores 13 de maio está prevista reunión urxente e extraordinaria do Consello de Administración de Turismo de Sanxenxo en cuxo orde día inclúese a contratación de persoal para garantir a seguridade e o control das súas praias.

Trátase de socorristas, sanitarios e por primeira vez, vixiantes de apoio cuxa función será vixiar que non se excede o aforo permitido nos seus areais, así como o cumprimento das medidas de distanciamento entre persoas que eviten contagios. O Concello contempla como posibilidade engadir tres novas bandeiras azuis, de forma que eleva a contratación ás 108 persoas, 36 máis que no último verán. 

Eses máis de cen contratos serán: 82 socorristas e sanitarios, que supoñen dez máis que o ano anterior e 26 vixiantes de apoio. Debido ás restricións de actividades e movementos que aínda están en vigor, o proceso de selección modifícase.

Desta forma, para garantir a igualdade de oportunidades e evitar situacións de risco, esta vez elimínanse as probas físicas presenciais e a documentación que teñan que presentar os aspirantes farase por Rexistro con cita previa. Estes realizarán un test vía telemática e se evalurarán ademais cunha valoración de méritos.

Na reunión do organismo Turismo de Sanxenxo inclúese por outra banda, o levantamento da suspensión do concurso para o servizo de balizamento de praias de forma que aínda queda o resto de días hábiles da semana para concorrer. O prezo de saída é de 257.730 euros e como novidade inclúe a iluminación nocturna de Silgar, Panadeira e Caneliñas.

Tamén se sacará a concurso o servizo de limpeza de aseos en praias, que tamén ante a pandemia fai máis rigoroso o prego de condicións.