Non se repetiu o milagre dos pans e os peixes e os 500 quilos de sardiñas preparados para celebrar o Día do Turista deron para un total de 3.000 racións que, acompañadas de viño albariño e auga, foron repartidas este venres na Praza dos Barcos.
Unha longa fila de persoas impaciente gardaban cola ao mediodía para gozar da sardiñada.
O Concello de Sanxenxo agradece deste xeito aos visitantes que elixen este destino vacacional.
O venres completouse coa misa en honra a San Xenxo, os fogos artificiais e a verbena na Praza do Mar. Para este sábado está anunciado o concerto de Gustavo Almeida na Praza dos Barcos, ás dez desta noite.
O domingo disputarase a Milla Urbana Vila de Sanxenxo a partir das doce do mediodía no paseo marítimo de Silgar.