Sanxenxo celebrará este domingo o Día do Orgullo LGTBI+

Sanxenxo
22 de xuño 2023

Sanxenxo vivirá este domingo, 25 de xuño, a celebración do Día do Orgullo LGTBI+ que organiza o Centro de Información á Muller (CIM) en colaboración coa Asociación Rúa dos Viños

Rúa dos Viños Asociación Rúa dos Viños, de Portonovo

Sanxenxo vivirá este domingo, 25 de xuño, a celebración do Día do Orgullo LGTBI+ que organiza o Centro de Información á Muller (CIM) en colaboración coa Asociación Rúa dos Viños. 

A actividade enmárcase dentro das accións que impulsa o CIM co obxectivo de "promover o respecto, a igualdade e visibilización das distintas orientacións sexuais e identidade de xénero". 

Ademais, no balcón consistorial ondea a bandeira multicolor como símbolo do orgullo homosexual e da diversidade das lesbianas, homosexuais, bisexuais e transexuais.

A actividade comezará a partir das 13 horas con animación na rúa que correrá a cargo de Barafunda Animación. Non faltarán os talleres infantís no campo de San Roque nin tampouco a música en directo, a partir das 14 horas, co grupo "Sobre todo ela".

Nesta actividade estarán implicados tamén os locais da Rúa dos Viños, que regalarán unha pulseira multicolor por cada consumición e bolsas de tea co lema "Liberdade de ser e sentir".

Ademais, as rúas engalanaranse con bandeiras arcos da vella con motivo da celebración.

PUNTO INFORMATIVO

A celebración do Día do Orgullo en Sanxenxo contará tamén cun espazo informativo para aquelas persoas que desexen acudir a el, que estará a cargo de Familias de menores e mocidade trans de Galicia, Arelas. 

Deste xeito, o Concello de Sanxenxo quere mostrar o seu compromiso institucional coa diversidade e a liberdade sexual, corporal e de xénero.