Santa Kata tamén sucumbe ao coronavirus e suspende a súa celebración

Pontevedra
12 de marzo 2020

Unha das festas máis populares do campus universitario pontevedrés, Santa Kata, non poderá celebrarse este ano. O motivo: a expansión do coronavirus. Así o anunciou este xoves a Universidade de Vigo que, xunto con esta festa, cancelou tamén numerosos eventos

Celebración de Santa Kata

Unha das festas máis populares do campus universitario pontevedrés, Santa Kata, non poderá celebrarse este ano. O motivo: a expansión do coronavirus. Así o anunciou este xoves a Universidade de Vigo que, xunto con esta festa, cancelou tamén numerosos eventos.

Así, a festa do patrón de Ciencias Sociais, que se ía a celebrar en abril, súmase ao resto de de festividades das diferentes facultades da universidade, entre elas San Pepe, Santa Catalina e San Aquiles, ou todo evento extraacadémico que teña máis de cen asistentes.

É unha das medidas que, tras o anuncio da suspensión das clases, adoptou o comité de seguimento do COVID-19 que puxo en marcha a institución académica e que está constituído por dezasete persoas, entre elas a catedrática África González, presidenta da Sociedade Española de Inmunología.

Ademais, o campus de Pontevedra tamén ordenou o peche de todas as súas bibliotecas e instalacións deportivas e suspendeu a actividade docente en centros hospitalarios.

O reitor Manuel Reigosa pediu a toda a comunidade educativa que sexan "coidadosos" para que evitar que o problema do coronavirus "sexa maior" e sinalou que en función dos acontecementos e da data na que se renoven as clases "podería haber que tomar medidas excepcionais para que os estudantes non perdan o curso".

A universidade, por último, estudará adoptar medidas relativas ao persoal investigador e en canto aos congresos e reunións de seguimento dos proxectos, a decisión adoptada foi a de prohibir os desprazamentos e limitar a participación á vía telemática.

Con respecto ás prácticas externas acordouse seguir as instrucións das respectivas empresas sobre a continuidade, cesamento ou teletraballo, debendo o alumnado notificar a súa situación á persoa encargada de supervisar as súas prácticas.