Sanidade confirma unha nova morte pola pandemia, a 202 na área sanitaria, unha muller de 89 anos

Pontevedra
05 de setembro 2021

Unha muller de 89 anos converteuse na vítima número 202 da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, segundo confirmou o Servizo Galego de Saúde. Estaba ingresada no Complexo Hospitalario de Pontevedra e faleceu onte sábado

Hospital de Montecelo Mónica Patxot

Unha muller de 89 anos converteuse na vítima número 202 da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, segundo confirmou o Servizo Galego de Saúde.

Estaba ingresada no Complexo Hospitalario de Pontevedra e faleceu onte sábado. Tiña patoloxías previas, engaden desde as autoridades sanitarias.

Xunto a ela, a covid-19 tamén se cobrou a vida doutra persoa nas últimas 24 horas en Galicia, un home de 72 anos que morreu no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Con estas dúas persoas, son xa 2.584 os pacientes falecidos en Galicia coa covid-19 activa.