Sanidade administra 1.800 doses de vacina na fin de semana, entre pacientes sen cita, residencias e autocita

27 de setembro 2021

Durante a xornada do sábado inoculáronse 974 doses da vacina fronte á covid nos dispositivos establecidos para a vacinación libre sen cita previa e nos centros sociosanitarios ou residencias. Nestas últimas, todas foron terceiras doses. Durante a xornada do domingo, todas as persoas que se vacinaron acudiron ao sistema de autocita

Unha dose da vacina contra a Covid-19 Mónica Patxot

1.754. É o número de doses de vacina fronte á covid-19 administradas pola Consellería de Sanidade durante a fin de semana na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Delas, 974 puxéronse o sábado e 780 este domingo.

Sanidade administrou durante a xornada do sábado 974 doses da vacina fronte á covid nos dispositivos establecidos para a vacinación libre sen cita previa e nos centros sociosanitarios ou residencias. Nestas últimas, todas foron terceiras doses a usuarios que xa recibiran a pauta completa durante o inverno. 

Durante a xornada do sábado acudiron a vacinarse persoas que recibiron primeiras, segundas e terceiras doses, estas últimas, nas residencias. En total, houbo 341 primeiras doses, 526 segundas doses e 107 terceiras doses. 

Durante a xornada do domingo, todas as persoas que se vacinaron acudiron ao sistema de autocita. En concreto, pediron cita 600 para inmunizarse no recinto feiral de Pontevedra e 180 no recinto feiral de Fexdega en Vilagarcía. 

Para este luns 27 de setembro hai tamén 780 ocos solicitados por autocita en quenda de mañá e tarde. Son 600 no recinto feiral de Pontevedra e 180 no recinto feiral de Fexdega en Vilagarcía.