Salvemos o carballo de Santa Margarida

Pontevedra
05 de agosto 2017

Unha concentración ante o carballo de Santa Margarida esixirá ás administracións que protexan a centenaria árbore. Será ao mediodía do domingo, día no que se celebra a festividade da santa

Carballo de Santa Margarida Cristina Saiz

Unha concentración ante o carballo de Santa Margarida esixirá ás administracións que protexan a centenaria árbore. Será ao mediodía do domingo, día no que se celebra a festividade da santa.

A protesta será silenciosa e non se coreará consigna de ningún tipo nin se mostrarán pancartas, segundo aclararon os convocantes.

Os anos, as enfermidades, a proximidade da estrada, ameazan a vida do carballo que esta semana perdeu unha das súas pólas.

Tanto o Concello como a Deputación anunciaron medidas inmediatas para frear a deterioración do carballo de Santa Margarida. Serán os técnicos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, un centro científico dependente do organismo provincial, quen avaliará o estado do exemplar e decidirán sobre que intervencións require.

O carballo de Santa Margarida é propiedade da Igrexa polo que calquera actuación requirirá o permiso do Arcebispado de Santiago.