Salteado de mexillóns Pescamar con aromas da horta

Pontevedra
16 de decembro 2017

Nesta nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", Conservas Pescamar ofrécenos un prato lixeiro onde os mexillóns son protagonistas

Salteado de mexillóns con aromas da horta FROM

Nesta nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", Conservas Pescamar ofrécenos un prato lixeiro onde os mexillóns son protagonistas.

Os mexillóns Pescamar son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.

Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".

Para preparar un saboroso Salteado de mexillóns Pescamar con aromas da horta, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de Mexillóns picantes en escabeche Pescamar

- 200 g. de ceboliñas francesas

- 100 g. de chícharos

- 100 g. de millo

- 100 g. de pemento vermello

- 100 g. de cebola

- 200 g. de allo

- Alfábega

- Fíos de azafrán

- Aceite de oliva virxe extra

- Sal

- Caldo de mexillón

- Pemento

- Viño branco

- Repolo

- Puntas de espárrago

Preparación:

Cocemos o repolo e os chícharos e reservamos.

Refogamos o resto das hortalizas nun pouco de aceite e manteiga, picadas finamente, excepto as ceboliñas e as puntas de espárrago.

Engadimos o repolo picado, os chícharos e os Mexillóns picantes en escabeche Pescamar, que previamente teremos escoado da lata.

Aromatizamos cun chorro de viño branco, caldo de mexillón, alfábega e fíos de azafrán. Deixamos reducir e empoamos con pirixel picado.