Sae a licitación a obra de mellora da seguridade viaria da EP-8405 Portela-Couselo

Umia
10 de setembro 2021

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, destacou que se trata "dunha vía de comunicación moi utilizada polos veciños e veciñas que actualmente presenta un pavimento asfáltico que precisa unha mellora debido ao seu mal estado de conservación provocado polo paso do tempo"

Estrada EP-8405 Portela-Couselo

A Deputación de Pontevedra sacou a licitación na plataforma de contratación do estado o prazo de presentación de ofertas do proxecto de mellora da estrada EP-8405 Portela-Couselo, no Concello de Cuntis.

Ante a importancia do proxecto, que mellorará a seguridade viaria da zona, o alcalde, Manuel Campos, destacou que se trata "dunha vía de comunicación moi utilizada polos veciños e veciñas que actualmente presenta un pavimento asfáltico que precisa unha mellora debido ao seu mal estado de conservación provocado polo paso do tempo".

Así mesmo, sinalou que o treito "vai gañar atractivo" posto que mellorará "a imaxe dun acceso os núcleos de Portela e Couselo e, ao mesmo tempo, incrementará a seguridade viaria e a comodidade de circulación".

 

 

A Deputación de Pontevedra ben de publicar na plataforma de contratación do
estado a apertura de prazo de presentación de ofertas do proxecto de “Mellora da
seguridade viaria na estrada EP-8405 Portela-Couselo, no Concello de Cuntis ,

O alcalde de Cuntis Manuel Campos destacou que este proxecto “é moi necesario
por tratarse dunha vía de comunicación moi utilizada polos veciños e veciñas que
actualmente presenta un pavimento asfáltico que precisa unha mellora debido ao
seu mal estado de conservación provocado polo paso do tempo”.
Manuel Campos sinalou que a humanización integral “vai supor un antes e un
despois para este treito que vai gañar atractivo e mellorando a imaxe dun acceso os
núcleos de Portela e Couselo e, ao mesmo tempo, incrementará a seguridade viaria
e a comodidade de circulación”.
Campos agradeceu de novo o compromiso da Deputación de Pontevedra “que está
sendo unha ferramenta fundamental para dar resposta ás necesidades da nosa
veciñanza”.

A organización anima aos cuntienses para seguir a proba na área fluvial onde haberá
servizo de polbeira e bar.