Sabela Juncal, moda nacida en Esdemga para a Fashion Week Madrid

Pontevedra
19 de xaneiro 2023

Estsa egresada do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda forma parte dos nove deseñadores e deseñadoras seleccionados para a pasarela de novos talentos da Mercedes-Benz Fashion Week Madrid. Farao co seu proxecto Condominio, que ten como punto de partida a colección que en 2021 estreou en Debut

Colección de Sabela Juncal en Debut DUVI Universidade de Vigo

O Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda, a antiga Esdemga, do campus de Pontevedra volverá estar representado na cita coa moda da Mercedes-Benz Fashion Week Madrid.

Será esta ano a través de Sabela Juncal, alumna titulada neste centro da Universidade de Vigo que forma parte dos nove deseñadores e deseñadoras seleccionados para participar no Allianz Ego, a pasarela de novos talentos da Mercedes-Benz Fashion Week Madrid, que se celebrará o domingo 19 de febreiro. 

Sabela Juncal participará co seu proxecto Condominio, que ten como punto de partida a colección que esta titulada desenvolveu como traballo de fin de estudos e que en 2021 estrou en Debut

En Debut, este proxecto alzouse co premio Digipress Epson á mellor aplicación en moda de técnicas de sublimación. Agora, en Madrid presentará unha versión ampliada do seu proxecto de fin de estudos. 

Trátase dunha colección na que representa "o proceso de construír un fogar" e o que este implica no referido a relacións, espazos e atmosferas. 

En Madrid participará na xornada dedicada ás promesas emerxentes da industria da moda e optará ao premio Mercedes Benz-Fashion Talent á mellor colección, un galardón co que xa foron recoñecidos previamente titulados e tituladas de Esdemga como Melania Freire, Gabriel Nogueiras (Rubearth) ou Elena Rial. 

Tamén graduada en Publicidade e Relacións Públicas, Juncal decidiu orientar a súa traxectoria ao mundo da moda, o que levouna a cursar o mestrado.