Sábado de convivencia de Entroidos de España e Portugal en Riomaior

Vilaboa
10 de xullo 2024

A cita será este sábado 13 de xullo coa presenza por primeira vez en Vilaboa do Entroido de Igüeña, que procede de León: Las burras de Tremor de Arriba y El toro de espina de Tremor

Este sábado celébrase o VI Encontro de Entroidos en Cobres, Vilaboa

O VI Encontro de Entroidos, que se celebra en Riomaior, en Cobres, contará coa participación de máis de catrocentas persoas que porán en valor o patrimonio inmaterial e cultural dos entroidos tradicionais con vestimentas, baile, música e os conceptos identitarios de cada comarca.

Celebrarase este sábado 13 de xullo coa participación do Entroido de Igüeña, procedente de León: Las burras de Tremor de Arriba e El toro de espiña de Tremor.

Será a primeira actuación do acto, que continuará coas Caras de Lazarim, de Lamego en Portugal; as Caras de Arcas, procedentes de Macedo de Cavaleiros, en Bragança; e os Guirrios e Madamitas de Cimanes del Tejar .

Cantabria será representada por Andruido en Pareina de Piasca e Zamora, co Atenazador de San Vicente de la Cabeza.

Desde Galicia participa o Rancho Entroido da Feira, de Salceda de Caselas; e desde Ponteareas chegan Perriñas e Mudados de Ribadetea.

Os Xenerais da Ulla, da comarca do Ulla e as Madamas e Danzantes do entroido de Salcedo, chegados desde A Pobra do Brollón (Lugo), tamén participarán do Encontro.

Ás 12.00 horas iniciarase o Vermut de Entroidos, no Chiringo Deilán.

A apertura oficial será ás 18.15 horas e a cea amenizada con música e actuacións de DJ's celebrarase ás 21.30 horas.