O autobús de 'Galicia non para!' no que Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, está a percorrer as provincias galegas detívose este sábado no municipio de Cuntis.
Alí, o máximo representante do executivo galego conversou coa veciñanza aproveitando a tregua da borrasca. Rueda mostrouse interesado polo gran potencial turístico da vila no terreo termal e tamén patrimonial, ao contar co xacemento arqueolóxico de Castrolandín, un dos símbolos do pasado celta de Galicia.
A veciñanza trasladou a súa preocupación pola situación do polígono industrial.
Alfonso Rueda, durante a visita, apuntou a que o PPdeG é un partido cos pés na terra, centrado no avance de Galicia e que non perde o tempo en loitas internas.
Neste encontro, Valentina, unha nena deste municipio de menos de 5.000 habitantes, entregou un debuxo que realizara nun dos pousavasos do autobús de 'Galicia non para'.
O líder dos populares galegos lembrou que está en marcha a páxina web roda.galpara que as persoas trasladen todas as preocupacións e suxestións que detecten.