O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda referiuse á próxima reunión do comité clínico que o venres vai analizar os datos epidemiolóxicos do covid-19, especialmente os referidos a esta ponte festiva, "e en función diso tomar decisións", explicou.
O vicepresidente primeiro ha indicado que, a tres días desa reunión, "non hai nada a priori decidido" sobre a aplicación de novas medidas pero "entendo que vai ser complicado baixar o nivel de restricións".
"Estamos a ver o que pasa ao noso ao redor, o que pasa en moitos países de Europa que nos rodean e por tanto o que temos que ter é moitísimo sentidiño", insistiu.
Alfonso Rueda fixo un chamamento á poboación galega para que manteña as medidas de prevención que son "sinxelas, elementais case pero absolutamente imprescindibles".
No transcurso dun acto oficial no concello de Marín o vicepresidente primeiro da Xunta lembrou que "onde poden estar as persoas máis vulnerables xa se tomaron medidas" como é no ámbito sanitario ou naqueles lugares "onde nalgún momento sácase a protección principal, que é a máscara".
Rueda fixo referencia expresa á hostalería que é "onde estamos a aplicar basicamente as restricións que agora mesmo están en vigor".
Ademais lembrou que nos próximos días "empezará a vacinación dos nenos menores de 12 anos" xa que "o luns van chegar ao redor de 60.000 vacinas e aí empezaremos a vacinar a ese colectivo".