A obras de construción do novo edificio xudicial da Parda, no que a Xunta de Galicia fará un investimento duns 20 millóns de euros, sairán a licitación "antes de que termine este mes de septiembre". Así o confirmou este domingo o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda.
Rueda, que se deixou ver por Pontevedra para asistir á chegada da terceira e última etapa da Volta a Galicia, explicou que a licitación se publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) en cuestión de días. A partir de aí, os trámites administración de adxudicación demoraranse por uns "tres meses", polo que a Xunta espera que as obras poidan iniciarse a principios de 2016.
Este novo edificio xudicial de Pontevedra contará con máis de 21.000 metros cadrados e espazo para albergar máis de 28 unidades xudiciais. O inmoble agrupará todos os xulgados dispersos agora mesmo na cidade e estará comunicado a través dunha pasarela co actual edificio xudicial, formando un único complexo.
O vicepresidente da Xunta puxo este proxecto como exemplo de que o goberno galego non discrimina a Pontevedra, como sinalaba o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, durante o seu balance dos cen primeiros días do seu novo mandato.
"No puede decir que hay mala relación con la Xunta. Si cien días ya le llegan para decir eso, es que ya tenía pensado decirlo desde el principio sin esperar a nada", afirmou Rueda.
Ademais, o titular de Administracións Públicas e Xustiza lembrou que a Xunta fará este investimento "millonario" nun edificio "que ya podría estar hecho" se non fose polas trabas administrativas que sufriu este proxecto e das que responsabilizou, unha vez máis, ao Concello de Pontevedra.