Rueda agarda reunir 14.000 persoas na praza de touros de Pontevedra

Pontevedra
29 de xaneiro 2024

"Imos arrancar cun acto moi potente xa este sábado: 14.000 persoas á praza de touros de Pontevedra, para empezar a quentar motores", proclamou este luns nun almorzo informativo na sede autonómica do PP secretaria xeral Paula Prado

Mitin de Feijóo na Praza de Touros de Pontevedra PP de Galicia

"Imos arrincar cun acto moi potente xa este sábado: 14.000 persoas á praza de touros de Pontevedra, para empezar a quentar motores", proclamou este luns nun almorzo informativo na sede autonómica do PP secretaria xeral Paula Prado.

Neste encontro coa prensa debullou as principais liñas de "a campaña da Galicia que funciona" coa que Alfonso Rueda transmitirá "a ilusión e as ganas por seguir facendo da nosa terra o mellor lugar para vivir".

"Estamos convencidos de que a Galicia que funciona é aquela na que a palabra dada se convirte en feitos, que non levanta muros entre a súa xente e que sempre trae solucións ás dificultades", manifestou Paula Prado.

Segundo dixo a secretaria xeral dos populares galegos, Rueda traducirá o seu compromiso nunha "implicación máxima" e estará presente en máis de 60 actos por toda a xeografía galega: "Estará tanto nas 7 cidades, que visitará ata en tres ocasións, como nas vilas ou en concellos máis pequenos que tamén representan a esencia do PPdeG".

Entre os actos xa previstos estarán a tradicional pegada de carteis este xoves en Santiago de Compostela e un gran acto o próximo sábado, ás 17 horas, na Praza de Touros de Pontevedra coa presenza de Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy.

A 20 días para o 18 de febreiro, desde o partido queren presentar así unha campaña que "servirá de resumo para o gran traballo realizado nesta lexislatura", na que o PPdeG "demostrou que está preparado para seguir liderando o futuro de Galicia". Unha idea que Paula Prado sintetizou coa seguinte afirmación: "Galicia non parou e non vai parar".

A secretaria xeral recordou que esta mesma fin de semana deron a coñecer o Programa de Goberno 2024-2028, con 870 medidas. Un documento "ilusionante" e "realista" que ademais "conta co aval dos compromisos cumpridos".

Arquivado en