Rubalcaba arroupará a Pachi Vázquez no peche de campaña do PSdeG-PSOE en Pontevedra

Pontevedra
18 de outubro 2012

ÿ o último acto da campaña electoral do PSdeG-PSOE antes da festa de peche que esa mesma noite os socialistas celebrarán no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, "un acto moito máis lúdico e festivo" que o de Pontevedra

Alfredo Pérez Rubalcaba e Pachi Vázquez no mitin celebrado este mércores en Vigo PSdeG-PSOE

Alfredo Pérez Rubalcaba estará finalmente en Pontevedra. O secretario xeral do PSOE fixo un oco na súa apertada axenda para mitinear na cidade, a única das sete grandes cidades galegas, nas que aínda non estivera en campaña. E farao ao grande.

Aínda que nun principio plantexouse unha intervención máis modesta debido aos compromisos de Alfredo Pérez Rubalcaba, que compaxina estes días a súa presenza tanto na campaña galega como na vasca, finalmente será o protagonista, en Pontevedra, do principal acto de peche de campaña dos socialistas galegos.

Será un mitin que se celebrará mañá venres, ás 20.00 horas, no Teatro Principal. ÿ o último acto da campaña electoral do PSdeG-PSOE antes da festa de peche que esa mesma noite os socialistas celebrarán no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, "un acto moito máis lúdico e festivo" que o de Pontevedra, segundo indicaron desde o propio partido.

Pérez Rubalcaba arroupará así ao candidato á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, que por segunda vez nesta campaña enfróntase a un mitin en Pontevedra. O anterior, celebrado o pasado domingo, contou coa presenza do presidente de Andalucía, José Antonio Griñán, e tivo lugar no Pazo da Cultura ante máis de 300 persoas.

Arquivado en