Rouban as chaves do camión de bombeiros do Grove impedíndolles acudir a un incendio

O Salnés
24 de xuño 2022

Os efectivos arrefriaban con auga os restos dunha cacharela cando comprobaron que alguén se levou as chaves do vehículo e tamén furtara o casco dun dos bombeiros

Fogueira na noite de San Xoán Concello de Poio

Durante a pasada noite de San Xoán, sobre as catro da madrugada, foron subtraídas as chaves do camión contraincendios do equipo de Emerxencias do Grove cando se atopaba de servizo en Porto Meloxo.

Os efectivos arrefriaban con auga os restos dunha cacharela cando comprobaron que alguén se levara as chaves do vehículo e tamén furtara o casco dun dos bombeiros.

O equipo de Emerxencias foi alertado entón para que acudise a extinguir un contedor que estaba a arder na rúa Luís Seoane pero xa non puido acudir co camión. A Policía Local achegou ao persoal antiincendios á súa base para coller un segundo vehículo con auga pero cando chegaron os veciños xa sufocara o incendio.

Afortunadamente esa foi a única incidencia porque doutro xeito o servizo de Emerxencias do Grove tería difícil acudir a prestar auxilio.

Emerxencias O Grove compartiu este suceso nas redes sociais onde piden a colaboración da cidadanía para recuperar o casco deixando como contacto o número de telefono deste servizo 986732255 ou o da Policía Local do Grove 986733333.