Rosa María Calaf: "A miña admiración sempre foi para o xornalismo local porque é moito máis difícil"

Pontevedra
13 de outubro 2013

A xornalista Rosa María Calaf, ex correspondente de Televisión Española en Nova York, Viena, Moscova, Bos Aires, Roma e Beijing, foi a encargada de ofrecer a Lección Inaugural do curso da UNED. Nesta entrevista ofrécenos a súa visión sobre a actual situación dos medios de comunicación e da necesidade de ofrecer xornalismo de proximidade

A xornalista Rosa María Calaf no Centro da Uned de Pontevedra

A xornalista Rosa María Calaf, unha faciana moi coñecida tras ser, durante anos, correspondente de Televisión Española en Nova York, Viena, Moscú, Bos Aires, Hong Kong, Roma e Beijing ofreceu unha Lección Inaugural do curso da UNED centrada no Periodismo no Século XXI: información ou espectáculo.

Durante este tempo, tén visto como a súa profesión foi adaptándose aos tempos e non sempre en beneficio do espectador. Cando Rosa María Calaf comezou a exercer de correspondente en Nova York as súas crónicas duraban tres minutos, ao longo dos anos ese tempo foise reducindo. As súas últimas intervencións en Beijing, no ano 2008, xa apenas podían superar o minuto. Calaf lamenta o xiro que as empresas xornalísticas están a practicar sen ter en conta a calidade das noticias:

Rosa María Calaf (RMC): Lamentablemente os correspondentes son unha especie en extinción porque as empresas xornalísticas non están polo labor de investir. Hoxe en día prima a cantidade sobre a calidade e fórzase a traballar nunhas condicións nas que se resente moito a calidade informativa e o produto que o receptor da noticia recibe.

- E se desaparece esa proximidade do periodismo, cara a onde debe dirixirse esta profesión?

RMC: Creo que hai que estar sobre o terreo que é para o que estamos os xornalistas, non para estar nunha mesa, para usar o ordenador, o teléfono ou ir a roldas de prensa sen preguntas... A miña admiración sempre foi para o periodismo local. ÿ moito máis difícil porque tamén ten as presións que o periodismo sofre dende sempre. A noticia é aquilo que o protagonista non quere que saiba. A verdade empeza a partir do que se oculta. Buscar onde está o silencio e facer visible o que é invisible sempre custou. Nun mundo local esas presións están á porta da túa casa. Cando es correspondente tes presións pero xogas fóra e por iso é menos complicado.

- Vostede móstrase moi crítica ante a utilización dos medios por parte do poder, tan perigoso resulta?

RMC: O cidadán debe estar alerta. Igual que nas ditaduras todo o mundo sabía que tiña que ler entre liñas. Agora fáisenos crer que como hai unha democracia, e non falo só de España, é un fenómeno xeral, se nos fai crer que vivimos nunha democracia porque votamos cada 4 anos e que vivimos en liberdade de expresión porque temos 50.000 canles e dás un clic e che chuspen supostas noticias. O cidadán ten que saber que ten que seleccionar. Debe ter sentido crítico. Non todo o que chega ten garantía de credibilidade, de rigor e de independencia. Acontece que agora é máis difícil que o cidadán se decate de que está a ser enganado porque o engano é moito máis sutil e chega con presións sobre todo económicas porque a economía é a que marca todo.

- Vostede tamén lamenta que o contido da información estea a ser substituído polo espectáculo.

RMC: ÿ moi perigoso para o periodismo pero, sobre todo, para o cidadán porque se cre que está informado cando o que está é entretido. Podemos falar de infoentretemento. Estar entretido non lle vai dar os elementos de coñecemento que necesita para formarse unha opinión cabal sobre os acontecementos, sobre o que lle rodea e unha opinión coa que el vai tomar decisións e lle vai afectar aos seus fillos e á construción da sociedade. ÿ dicir, construír unha sociedade a golpes de titulares ou de efectos espectaculares non é o mellor xeito e non nos vai garantir o ben da maioría.

- Y como debemos enfrontarnos a esta situación de crise e corrupción dende unha formulación xornalística?

RMC: Eu creo que sendo moi conscientes de que o noso traballo é un compromiso e unha responsabilidade social. E tratando de resistir as presións das empresas xornalísticas e as presións que veñen de todas as partes que priman o que impacta sobre o que importa. Exercer militancia. Non vai ser doado. Dende logo os que estamos máis fóra que dentro temos que estar falando disto mentres nos dean espazos ou se non teremos que buscalos para alertar á cidadanía de todo o que está a acontecer.

Rosa María Calaf: "Por que se prescinde da xente maior, da xente da experiencia? Porque é máis molesta, menos dócil e non entra no xogo do espectáculo"

- E neste sentido, como ve a profesión nos próximos anos?

RMC: O que pasa é que o periodismo se está a converter noutra cousa. A comunicación ten moi pouco que ver co periodismo. Queren que sexamos lectores de comunicados de prensa. O xornalista non pode converterse nun lector de comunicados nin nun comparsa de roldas de prensa, temos que reivindicar os nosos espazos. Somos o intermediario entre os poderes e a cidadanía. Somos unha pata esencial para a construción dunha sociedade sa. Non a única, pero temos que ser conscientes de que unha sociedade sen unha prensa libre, independente, rigorosa e de servizo do cidadán non vai poder construírse, con capacidade, para defender os seus dereitos e as súas liberdades.

A boa información é un dereito e tamén unha obriga. Se o periodismo non consegue volver á súa esencia que é o servizo da cidadanía para dalo o que debe saber xa é periodismo, é outra cousa.

E que opinión lle merece que os medios de comunicación españois, a diferenza dos norteamericanos, despidan os seus xornalistas experimentados para substituílos por profesionais novos?

RMC: Non se valora o resultado do produto. Ten que haber unha engrenaxe entre os que chegan e os que están. Ninguén naceu ensinado e todos tivemos que aprender do que sabía máis. Se rompes esa engrenaxe consegues un peor resultado no produto que o cidadán vai recibir. Porque un ao que o van operar de corazón aberto, que vai preferir que o opere un cirurxián que acaba de saír da facultade ou o que leva 30 anos de experiencia?
Por que se prescinde da xente maior, da xente da experiencia? Porque é máis molesta, menos dócil e non entra no xogo do espectáculo. Sobre todo en televisión, onde parece que o xornalista é o protagonista. O xornalista non é nada, é unha ponte, un intermediario. Preténdese que haxa unha estética do periodismo. E toda esa estética é moi perversa porque acostuma ao cidadán a valorar de forma distinta e agora cre que é mellor xornalista o que se disfraza de reporteiro intrépido cando non é necesario que o que non se disfraza porque non é necesario.
Eu díxeno na Universidade Europea. En televisión parece que hai que facer mellor que os demais aquilo que non hai que facer. Hai que conseguir audiencia. ÿ terrible.
A cidadanía xa acostumouse a iso. E valora que o xornalista foi a tal ou tal sitio... pero contoulle o que estaba a pasar?

- Vostede viviu nas súas propias carnes unha retirada tras 37 anos de vida profesional con motivo do ERE en TVE

RMC: Os máis veteranos somos máis caros. Cando tiven que abandonar Pekin, os meus compañeiros americanos dixéronme: e agora a ti vante incorporar ao departamento sénior, non? e eu rín. Se ti consegues que o medio perda credibilidade, perde influencia. Se perde influencia, perde posibilidade de control. Os poderes que non queren ser controlados, queren un periodismo dócil e un periodismo débil e un periodismo que a cidadanía non se crea. E iso é máis difícil que suceda co xornalista experimentado.

Agora, afastada das cámaras de televisión, Rosa María Calaf, tampouco para de viaxar. Antes de chegar a Pontevedra viña de visitar Bilbao e Barcelona e, tras o seu paso por Pontevedra, trasladábase a Elche. A súa estanza na cidade do Lérez é curta pero da súa anterior visita mantén un recordo imborrable: "Viñera hai dous ou tres anos tamén á Uned. A verdade é que está todo moi bonito. Toda a zona peonil pareceume preciosa. Galicia é un sitio moi bonito e cómese moi ben. Son elementos que fan todo moi agradable".