Román Rodríguez tomaba este luns posesión do cargo como conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e, fronte o inminente inicio de curso previsto para este xoves 10 de setembro, decidiu convocar á comunidade educativa para este mércores.
Segundo anuncian desde a Xunta, o conselleiro manterá unha reunión de traballo a través do Consello Escolar de Galicia con, entre outros, representantes da confederación e de deraciones de Anpas; as organizacións sindicais e persoal administrativo.
A súa intención é escoitar directamente as demandas e preocupacións tanto das familias como do profesorado para elaborar unha folla organizativa que permita iniciar o curso escolar da maneira máis segura posible ante a pandemia.
Desde a Consellería indícase que utilizar o órgano superior de consulta, o Consello Escolar de Galicia, é un signo da importancia que se dá a este inicio das clases nunha situación excepcional. Desde a Xunta destacan a necesidade de sumar esforzos tanto por parte das distintas administracións como polos axentes sociais.