Ríos 'solidarios' de sangue en Pontevedra

Pontevedra
31 de xullo 2013

No Hospital Provincial de Pontevedra confeccionouse un listado de máis de 400 voluntarios que deixaron os seus datos, e que o CTG está a xestionar para cubrir as necesidades de sangue dos 365 días do ano. Tal e como destacou a xerente do Sergas, a noite do 24 foron 821 as doazóns realizadas en toda Galicia, que supoñen unha resposta solidaria de case que o dobre das doazóns diarias. Ademais, o venres, día 26, chegáronse a acadar as 909 doazóns

A xerente de Servizo Galego de Saúde, Mª Nieves Domínguez González, acompañada da directora do Centro de Transfusión de Galicia, Inmaculada Rodríguez Calvo, fixeron balance este mércores da actividade desenvolvida polo Centro de Transfusión en resposta ao accidente de tren de Santiago.

No Hospital Provincial de Pontevedra confeccionouse un listado de máis de 400 voluntarios que deixaron os seus datos, e que o CTG está a xestionar para cubrir as necesidades de sangue dos 365 días do ano.

Tal e como destacou a xerente do Sergas, a noite do 24 foron 821 as doazóns realizadas en toda Galicia, que supoñen unha resposta solidaria de case que o dobre das doazóns diarias. Ademais, o venres, día 26, chegáronse a acadar as 909 doazóns.

Cómpre subliñar as 474 persoas que fixeron a súa primeira doazón nestes días, e coas que o CTG agarda seguir a contar no futuro. Así, o reto do Centro de Transfusión, -dixo a xerente do Sergas-, é que esta marea solidaria de doazóns se transforme en doadores de futuro que acudan de xeito regular.