Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei, as próximas citas do programa das Rutas dos Viños de Galicia

Pontevedra
14 de maio 2023

Turismo de Galicia, en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia, organiza a Primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, coa que, de maneira conxunta e simultánea nos cinco territorios vitivinícolas galegos, se leva a cabo un programa completo de actividades de enoturismo

Viñedos no Salnés Turismo de Galicia

Turismo de Galicia, en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia, organiza a Primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, coa que, de maneira conxunta e simultánea nos cinco territorios vitivinícolas galegos, se leva a cabo un programa completo de actividades de enoturismo. 

O programa arrincaba a primeira fin de semana de maio coa Ruta de Valdeorras, e continuaba coa do Viño do Ribeiro. Ata principios do mes de xuño desenvolveranse o resto das Rutas do Viño: Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei, con visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción.

Para completar a experiencia, ofrécese unha selección de restaurantes, onde se poderá escoller entre dous menús concibidos particularmente para esta ocasión, e aloxamentos con ofertas especiais para a fin de semana.

Ademais, en cada Ruta pódese consultar un programa especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca e outras accións relacionadas co mundo do viño.

Nas adegas participantes realizaranse tres visitas guiadas o sábado (ás 11:00 h, 12:30 h e 17:00 h) e unha o domingo (ás 12:00 h).

No Facebook de Turismo de Galicia realízanse varios concursos en cada Ruta do Viño, nos que se sortean premios consistentes nunha noite de aloxamento para dúas persoas en cuarto dobre nun dos establecementos asociados participantes máis o xantar do día seguinte nun restaurante socio da Ruta.

RUTA DO VIÑO RIAS BAIXAS (DO 19 AO 21 DE MAIO)

O sábado 20 e o domingo día 21 de maio sairán Buses do Viño dende Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo, para facer diferentes visitas pola Denominación de Orixe Rías Baixas. En cada ruta visitaranse algunhas das adegas participantes na Primavera de portas abertas, e o xantar, libre, terá lugar nalgún dos concellos adheridos á Ruta. En todo momento os asistentes estarán acompañados por un guía turístico.

O prezo é de 10 euros para as persoas adultas e para os menores de entre 3 e 13 anos o custo é de 5 euros. As prazas son limitadas, polo que se recomenda reserva previa, neste enderezo: https://rutadelvinoriasbaixas.com

As adegas da Ruta do Viño Rías Baixas que participan neste programa son: Adega e viñedos Paco & Lola, Adega Eidos, Adegas Terra de Asorei, As Laxas, Bodega del Palacio de Fefiñanes, Bodega Viña Nora, Bodega Vionta, Bodegas La Val, Casa da Barca, Gil Armada, Lagar de Besada, Lagar de Fornelos, Mar de Frades, Pazo Baión, Pazo de Rubianes, Santiago Ruiz, Señorío de Rubiós, Terras Gauda, Torre Penelas, Valmiñor, Viña Cartín e Viña Moraima.

Ademais dos Buses do Viño, pódese coñecer a Ruta das Rías Baixas a través da contratación dunha ampla oferta de actividades. A información detallada pode consultarse na web de Turismo de Galicia: https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/portas-abertas-nas-rutas-dos-vinos/ruta-do-vino-rias-baixas

A través da páxina de Turismo de Galicia tamén se pode consultar a lista de aloxamentos e restaurantes que preparan unha oferta especial para os participantes na Ruta do Viño Rías Baixas. Os aloxamentos atópanse en Sanxenxo (Casa do Sear), Cambados (Hotel Casa Rosita e Parador de Turismo de Cambados) e As Neves (Nande Hotel da Natureza). E os restaurantes, dous están situados en Cambados (Hotel Casa Rosita e Parador de Turismo de Cambados) e un nas Neves (Horta e Viño).

RUTA DO VIÑO RIBEIRA SACRA (DO 26 AO 28 DE MAIO)

O sábado 27 e o domingo día 28 de maio haberá un servizo de transporte con guía acompañante especializado na Ribeira Sacra para realizar visitas ás adegas, museos e outros lugares de interese. Os Buses do Viño sairán o sábado dende Monforte, A Coruña, Ourense e Vigo, e o domingo dende Monforte, Ourense e Lugo.

O prezo é de 10 euros para as persoas adultas e para os menores de entre 3 e 13 anos o custo é de 5 euros. O xantar non está incluído, deixándose dúas horas libres. As prazas son limitadas, polo que se recomenda reserva previa a través deste enderezo: https://rutadelvinoribeirasacra.org/actividades/gl

As adegas da Ruta do Viño Ribeira Sacra que participan neste programa son: Adega Vella, Adegas Condado de Sequeiras, Amedo, Bodega Proencia, Bodega Ribada, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ponte da Boga, Rectoral de Amandi, Ronsel do Sil, Val de Quiroga e Vía Romana.

Ademais dos Buses do Viño, pódese coñecer a Ruta do Viño Ribeira Sacra a través da contratación das actividades especialmente deseñadas para este programa e que se poden consultar na web de Turismo de Galicia: https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/portas-abertas-nas-rutas-dos-vinos/ruta-do-vino-ribeira-sacra.

Os aloxamentos adheridos a esta campaña son Casa das Xacias e Mogay, ambas en Chantada

RUTA DO VIÑO MONTERREI (DO 2 AO 4 DE XUÑO)

O sábado 3 de xuño os Buses do Viño farán diferentes rutas con saídas dende A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo para realizar visitas ás adegas, museos, monumentos e natureza. En todo momento, os asistentes estarán acompañados por un guía turístico.

O prezo é de 10 euros para as persoas adultas e para os menores de entre 3 e 13 anos o custo é de 5 euros. O xantar non está incluído, deixándose dúas horas libres. As prazas son limitadas, polo que se recomenda reserva previa a través deste enderezo: https://www.rutadelvinomonterrei.com

As adegas da Ruta do Viño Monterrei que participan neste programa son: Daniel Fernández, Fragas do Lecer, Gargalo, Pazo de Valdeconde, Terras do Cigarrón, Triay e Vía Arxéntea.

Ademais dos Buses do Viño, pódese coñecer a Ruta do Viño Ribeira Sacra a través da contratación das actividades especialmente deseñadas para este programa e que se poden consultar na web de Turismo de Galicia: https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/portas-abertas-nas-rutas-dos-vinos/ruta-do-vino-ribeira-sacra.

Os aloxamentos adheridos a esta campaña son: o Parador Castillo de Monterrei e O Retiro do Conde, en Monterrei, e, en Verín, o Hotel Villa de Verín. E os restaurantes: Parador de Turismo de Monterrei e O Segredo do Retiro, ambos en Monterrei.