Revisan o estado dos sistemas de calefacción de todos os colexios de Infantil e Primaria

Pontevedra
11 de febreiro 2015

Máis alá das pequenas avarías e reparacións non se teñen rexistrado incidencias. Esta revisión preventiva das instalacións, todas elas de gasoil, garante o seu correcto funcionamento ata o próximo curso

Primer día de clase no colexio Vidal Portela Mónica Patxot

Todos os sistemas de calefacción do colexios pontevedreses están a ser revisados para comprobar o seu funcionamento. Os traballos, encargados pola concellaría de Educación, teñen un custe aproximado aos 20.000 euros.

Máis alá das pequenas avarías e reparacións non se teñen rexistrado incidencias. Esta revisión preventiva das instalacións, todas elas de gasoil, garante o seu correcto funcionamento ata o próximo curso.

Estes traballos realizáronse en todos os centros de Educación Infantil e Primaria do Concello de Ponteevdra.

O concelleiro Agustín Fernández destacou, non obstante, que unha parte das caldeiras teñen xa case 30 anos e están a piques de esgotar a súa vida útil. Ao Concello correspóndelle, dentro do actual reparto de competencias, o mantemento e conservación.

Neste sentido, o goberno municipal está elaborando un informe para entregar á Consellería de Educación para que vaia planificando o investimento necesario. Ao tratarse de investimento novo, o gasto corresponde a este departamento da Xunta de Galicia.