Retiran da cidade as cabinas de Telefónica

Pontevedra
04 de agosto 2023

O goberno local de Pontevedra tamén quere eliminar os valados de publicidade das obras. Forma parte dunha campaña co obxectivo de manter rúas e prazas da cidade 2en perfecto estado de revista"

Cabina telefónica, que xa foi retirada
Cabina telefónica, que xa foi retirada Cristina Saiz

As cabinas de teléfono levan anos en perigo de extinción e o Concello de Pontevedra decidiu eliminalas dentro do plan de mellora de imaxe da cidade.

Eva Vilaverde, alcaldesa en funcións e portavoz do goberno local, explicaba que esta desaparición forma parte do mandato emitido por Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, coa intención de manter a cidade "en perfecto estado de revista".

Durante os últimos días, a empresa Telefónica retirou as que permanecían en Curros Enríquez, na contorna de San Francisco ou en Gutiérrez Mellado e que, na súa maioría, se atopaban sen servizo.

Polo momento, as pertencentes á empresa R, que albergan sistemas, tardarán algo máis en ser eliminadas "pero estamos traballando nese asunto", afirmou a portavoz municipal.

Agora tamén está previsto realizar unha operación similar cos valos de publicidade das obras. "Imos retiralos a partir da vindeira semana", avanzou Vilaverde.

Neste caso non se poden eliminar todos xa que algúns deben permanecer, principalmente os relacionados cos fondos europeos EDUSI. Os técnicos están a revisar todos os valos para retirar aqueles que se atopen xa caducados, indican desde o goberno local.

Desta forma, está previsto que desaparezan os valos de gran tamaño situadas no cruzamento entre as rúas Echegaray e Alameda; Gonzalo Gallas, Avenida da Estación e Josefina Arruti.