Retencións en San Salvador por un accidente sen feridos na PO-308

Poio
26 de xullo 2022

A Policía Local de Poio interveu este luns 25 de xullo nunha colisión na PO-308, que a pesar de ser de pouca consideración, provocou o peche dun carril de circulación durante aproximadamente 50 minutos

Colisión na PO-308 en San Salvador Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio interveu este luns 25 de xullo nun accidente de circulación ocorrido na PO-308 en San Salvador.

A pesar de tratarse dunha colisión de pouca consideración, un golpe por alcance con só danos materiais, o suceso provocou o corte de circulación dun dos carrís da estrada en plena hora punta ao tratarse dunha xornada de praia, carrexando retencións.

Segundo explica a Policía, o choque produciuse ao redor das 13.40 horas.

O corte do carril da PO-308, en dirección a Sanxenxo, prolongouse durante 50 minutos, regulándose mentres tanto o tráfico rodado de forma alternativa.

O accidente produciuse á altura da Avenida dos Encoirados.