Un tramo da rúa Alemaña de Monte Porreiro terá restricións de circulación durante a tarde do venres e a xornada do sábado para poder realizar obras de reposición do pavimento.
O tramo afectado da rúa Alemaña comprende dende a intersección coa rúa Bélxica ata a intersección coa rúa Luxemburgo.
Os horarios de traballo serán o venres 15 de 15:30 a 20 30 horas e o sábado 16 de 8:30 a 20:30 horas.
No tramo afectado haberá restricións de estacionamento.
A circulación de acceso para os residentes da zona final do barrio vaise realizar polo vial paralelo á rúa Alemaña, para o que se habilita un sentido único circulatorio.