Quen ten a responsabilidade á hora de devolver o río Gafos ao seu estado natural?

Pontevedra
14 de marzo 2025

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, deu conta dos danos rexistrados nas beiras do río ao longo dos últimos temporais

Plataforma peonil no río Gafos á altura da estación de autobuses
Plataforma peonil no río Gafos á altura da estación de autobuses PontevedraViva

O goberno local deu orde aos servizos xurídicos e urbanísticos do Concello de Pontevedra de clarificar a situación patrimonial das beiras e ribeiras do río Gafos no seu tramo máis próximo á cidade.

Nunha rolda de prensa, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, deu conta deste asunto abordado hoxe na Xunta de Goberno local.

Segundo explicou, nos últimos tempos detectáronse diversas afeccións relacionadas cos distintos temporais que o municipio foi recibindo.

O inverno deixou pegada en eidos e elementos é un deles é o Gafos e as súas beiras.

A caída de árbores e as enchentes provocaron perdas de terreo e algúns cambios significativos no leito co arrastre de terras.

Estes estragos son máis evidentes na zona entre o acceso novo da estación de autobuses e a ponte do tren.

"Decidimos e tomamos a decisión de actuar, mais o primeiro é saber quen ten que facelo, xa que é unha área na que poden ter responsabilidades distintos axentes, tanto públicos como privados", explicou o alcalde.

É preciso saber quen ten a responsabilidade á hora de devolver ao río ao seu estado natural deste tramo.

"Hai que estudar e interpretar a lexislación", comentou Lores.