Rescatan do interior dun coche un cachorro dun mes que estaba deshidratado

Poio
25 de agosto 2022

O cachorro estaba dentro do vehículo, que no seu interior estaba a máis de 35 graos. O seu propietario, segundo explica a Policía Local de Poio, será denunciado por infrinxir a lei de benestar anima

Cachorro rescatado do interior dun coche en Poio

Apenas un mes de vida ten o can que foi rescatado este xoves pola Policía Local de Poio. Estaba pechado dentro dun coche e presentaba síntomas de deshidratación.

A intervención policial produciuse sobre as dúas e media da tarde na Avenida da Seara, en San Xoán de Poio, onde o coche estaba estacionado.

O cachorro estaba dentro do vehículo, que no seu interior estaba a máis de 35 graos.

O seu propietario, segundo explica a Policía Local de Poio, será denunciado por infrinxir a lei de benestar animal.

Desde este corpo policial recordan que ter unha mascota implica coidala adecuadamente e proporcionarlle o que precisa, atender ás súas necesidades básicas e velar polo seu benestar.